top of page
Foto del escritorLaura Moure / IsmaelRS

Espomasa Medioambiental asenta en Palas de Rei a súa factoría de fabricación de pellets e reciclaxe

Conta cunha inversión de iniciativa privada que ronda o 2 millóns de euros e coa previsión de xerar máis de 25 postos de traballo directos


Laura Moure/IsmaelRS/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, acompañado dos inversores privados, comunicou este mércores en rolda de prensa o asentamento definitivo en Palas de Rei da empresa de fabricación de Pellets e reciclaxe “Espomasa Mediambiental” promovida polos irmáns Javier e Miguel Castro.

Cunha inversión de iniciativa privada que ronda o 2 millóns de euros e coa previsión de xerar máis de 25 postos de traballo directos o proxecto ponse en funcionamento nunha parcela duns 30.000 metros cadrados (con nave incluida) na parroquia de Marzá (Palas de Rei), nunhas instalacións que no seu día albergaron outro proxecto de fabricación de pellets. O proxecto, ten un carácter circular, parte de colchóns e sofás usados ou outro tipo de materia téxtil e busca a valorización do producto final, está incluido dentro da “huella de carbono cero”.


Publicidade

Os irmáns Castro, que contan cunha longa traxectoria no sector, destacaron “a elección de Palas de Rei pola súa situación estratéxica, a súa vez, presentaron o proxecto como “un proceso de reciclaxe e valorización, no que logo dun proceso de recollida dos colchóns, sofás vellos ou usados e outro tipo de materia textil, estes son sometidos a un proceso de reciclaxe, conversión e transformación en materia prima aproveitable. A iniciativa, é novedosa a nivel nacional, dado que é a primeira vez que se fai en España un proceso destas características. Aínda que as súas instalacións estarán radicadas en Palas de Rei o seu radio de actuación abarcaría a comunidade autónoma galega sen descartar traballar con outras comunidades”.


Publicidade

Tal como detallaba, Javier Castro, “agardan comenzar co proceso de recollida de colchóns e sofás xa a comenzos de xaneiro do vindeiro ano para sobre marzo e abril do 2024, poñer en funcionamento a factoría ao 80% do seu rendemento”.


Publicidade

Esta empresa consolidada no sector, conta xa no concello veciño de Toques cunha planta de fabricación colchóns e en Melide ten instalada unha unidade de trituración, transformación e desinfección que agora, tal e como detallaron os irmáns Castro, “tratarán de centralizar en Palas de Rei onde potenciarán o apartado da valorización de colchóns”.

O rexedor amosou a satisfación polo asentamento desta “novedosa iniciativa empresarial no rural de Palas de Rei que contribuirá a dinamización do texido empresarial e o asentamento de novos postos de traballo no municipio”.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page