top of page

Emecla de Rodeiro celebrou o magosto e organiza para o día 11 unha visita a Ribadavia

Laura Moure/Rodeiro

A Asociación Emecla da parroquia rodeirense de Álceme celebrou este domingo o seu magosto contando cun número destacado de asistentes e xa traballa na súa vindeira actividade, que será unha excursión no mes de decembro.

Asistentes ao magosto de Emecla.

"Gracias a todos por participar e facer que fose unha xornada na que desfrutamos da nosa gastronomía, creamos veciñanza, facemos novos amigos e por si fora pouco ...movemos o esqueleto guiados pola nosa monitora de zumba Mary, a que agradecemos a súa colaboración", agradece a asociación.

Agora o colectivo xa ultima os detalles da súa vindeira iniciativa que pechará a lista de actividades deste ano. Será unha excursión a Ribadavia (Ourense) o 11 de decembro. "Consistirá nunha visita cultural a Ribadavia e unha pequena ruta de senderismo. Despois desfrutaremos do xantar e do circuíto termal no Balneario de Arnoia e visitaremos a bodega Son de Arrieiro en Leiro onde por cortesía da casa degustaremos un dos seus viños con denominación de orixe", adianta a asociación. "Damos as gracias a Julia (bodegueira) pola súa amabilidade e a nosa socia Virtudes por poñernos en contacto".


Os interesados poden obter máis información no seguinte teléfono 654 123 005 (Inés).



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page