top of page

E ti de que te disfrazaches este Entroido 2023?

Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

Había moitísimas ganas de Entroido! Somos conscientes de que a pandemia da Covid 19 fixo que agora todos desfrutemos ao máximo de cada momento. As restrincións da pandemia, o non poder reunirnos cos nosos seres queridos, o non poder saír da casa ou cambiar de provincia e a prohibición de todo tipo de festas e tradicións fai que este Entroido 2023 sexa celebrado por todo o alto!


Volvemos ás máscaras, pero non ás quirúrxicas; aos disfraces de distintas temáticas, porque aquí todo vale e calqueira cousa que se teña pola casa serve para saír a desfrutar. A orixinalidade e colorido marcan os distintos desfiles e en todos os rincóns, en maior ou menor medida, celébranse o Entroido.

E nós queremos ver os vosos disfraces deste ano. Podedes mandarnos fotos a través das nosas redes sociais ou do noso correo ecosdacomarca@gmail.com e publicaremos nas nosas redes unha galería con todas as vosas imaxes. Que viva o Entroido!!

0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page