Dous anciáns precisan asistencia médica en Silleda por unha posible intoxicación por fume
- ecosdacomarca
- 15 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Esta mañá, dúas persoas de avanzada idade requiriron asistencia sanitaria nun domicilio do lugar do Coto, na parroquia do Castro, en Silleda por unha posible intoxicación por fume, tal e como informa o 112 Galicia.

O aviso chegou ao 112 Galicia minutos despois das 7 horas, cando o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba de que estaba a atender a dúas persoas que sufriran unha caída no domicilio, no que tiveran unha cociña de leña prendida durante a noite.
Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Silleda, que realizaron as medicións necesarias en diferentes puntos das instalacións, todas negativas. Tampouco había indicios de fume ou lume en toda a vivenda, aínda que esta fora ventilada previamente.
No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil.
Comments