top of page
Foto del escritorLaura Moure

Do Campo reafirma en Touro o apoio ás firmas que apostan pola transformación e comercialización de produtos agrarios

A delegada da Xunta na Coruña visitou onte as instalacións da planta de Queizuar


Laura Moure/Touro

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou onte as instalacións da planta de Queizuar en Touro, onde reafirmou a aposta do Goberno galego pola transformación e comercialización dos produtos agrarios para darlles valor engadido. Nesta liña, Belén do Campo ve positiva a finalidade destas inversións que levarán a conseguir un crecemento sostible, aplicando novas ferramentas para mellorar a nivel competitivo en flexibilidade produtiva.

A delegada destacou tamén o investimento da empresa en mellorar as súas instalacións e a elaboración do produto, xa que dende o 2018 Queizuar destinou máis de 8,1 millóns de euros a estas cuestións, cunha axuda xestionada pola Xunta de máis de 2,8 millóns de euros. Así, entre outros avances, a compañía está desenvolvendo un plan de ampliación e renovación da maquinaria e equipamento da súa planta.


Coa actual axuda realizarán melloras puntuais en recepción de leite, en equipos de laboratorio, en melloras de esterilización na planta de novos produtos, e en melloras no envasado, completando a liña de envasado en atmósfera modificada, cun investimento de 1,1 millóns de euros.


Publicidade

Ademais, Belén do Campo salientou o compromiso do Executivo autonómico coa transformación e comercialización de produtos agrarios, que se manifesta a través de axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) por valor de máis de 23 millóns de euros na convocatoria de 2024, das cales unha parte importante corresponden ao sector leiteiro. Algo que se complementa coa Estratexia de dinamización sectorial, para garantir o seu futuro sustentable e promover a transformación do leite en Galicia.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page