Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda informa da detección dun positivo por Covid 19 entre o alumnado do campamento de verán do Servizo Lúdico Educativo na localidade da Bandeira.
Dende o servizo municipal informouse ás familias usuarias deste grupo (os nenos e nenas estaban repartidos en dous grupos burbulla) así como as autoridades sanitarias para os correspondentes protocolos de aillamento e detección.
Como medida preventiva, o servizo continuara só nun dos dous grupos, á espera do inicio da nova quenda de agosto. Tamén se procederá á desinfección do espazo por parte do Concello.
留言