Os raios iluminan o ceo debido as altas temperaturas destes días
Laura Moure/IsmaelRS/Xeral
A calor abafante destes días está deixando paso a tormentas. En varios lugares das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, estas fixeron acto de prensenza nas últimas xornadas. Sen ir máis lonxe a noite deste martes fíxose notar en varios municipios. Os raios iluminaron o ceo na compaña de tronos, aínda que nalgúns sitios estes escoitáronse ao lonxe. Ademais, tras a tormenta en algúns puntos da xeografía galega o vento tamén se sumou á festa.
Ao redor da tormenta tamén xurdiron distintos mitos ao longo da Historia. Os nosos antepasados ao sufrir os efectos dos fenómenos meteorolóxicos adversos, que para eles eran descoñecidos, deulles pé a crer en mitos e deuses que despois deron lugar a ritos e crenzas para intentar aplacar a súa ira ou para dar as gracias pola súa intervención.
Tormenta na noite deste martes en Touro.
Autor: Ecos da Comarca.
Tormenta a noite deste martes, dende Berredo (Agolada).
Autor: Ecos da Comarca.
Comentários