Laura Moure/Melide
Esta semana comeza na Coruña unha novidosa iniciativa levada a cabo por vez
primeira polo Concello de Melide: a degustación de melindres, ricos e amendoados,
tres doces tradicionais típicos da comarca, nos restaurantes Nado, Bido e Pulpeira
de Melide, todos embaixadores da festa.
Publicidade
Esta iniciativa, levada a cabo por vez primeira, complementa coa acción que comezou a semana pasada en colaboración con ADOS -a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue- consistente no agasallo ás persoas doantes nos autobuses da Axencia, dun paquetiño con ricos de Melide. En Melide poderase doar sangue este venres 10 de maio de 10:15 a 14 horas e 16:15 a 21 hpras.
Así, esta semana as accións promocionais do Concello de Melide céntranse por primeira vez nos restaurantes coruñeses con chefs embaixadores da festa, como Iván Dominguez, Xoan Crujeiras e Gorka Rodríguez.
Publicidade
Ademais, o sábado 11 ás 20:00 horas, xa dentro do programa oficial, haberá un showcooking con concerto + degustación “mans de autor con produtos da terra de Melide” no Espazo Melindre (Praza do Convento) ata completar capacidade, a cargo de Gorka Rodríguez, chef e propietario da Pulpeira de Melide, que representa a cuarta xeración dunha saga de pulpeiros iniciada hai case 100 anos polo seu avó arrieiro e a súa bisavoa panadeira en Melide. Foi Cociñeiro do Ano de Galicia 2015 e está formado en recoñecidos restaurantes a nivel Mundial: Mugaritz, Noma, ou O Celler de Can Roca.
Gorka estará acompañado de Pablo Pizarro, de “La empanada viajera”, e contará coa música en directo da cantautora de Arzúa MJ Pérez. Para degustalo todo, a bebida será auga Cabreiroá e Estrella Galicia 00 tostada 6 maltas, aportadas por Estrella Galicia, empresa colaboradora desta actividade.
Comments