Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 30 de xuño
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
XOVES 30 XUÑO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 30 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 17 afectados, dous menos que fai 24 horas. O Pino sitúase con 18 afectados, un máis que onte. Pola súa parte Touro conta con 12 afectados, un menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 14 afectados, cinco menos que onte. Lalín conta con 58 afectados, oito máis que onte. Silleda conta con 20 afectados, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 10 afectados, dous menos que onte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 18 afectados, cuatro menos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días. Monterroso conta con 14 afectados, seis máis que onte. Pola súa parte Palas de Rei conta con 17 afectados, seis máis que fai 24 horas.









Comentarios