Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 29 de setembro
- IsmaelRS

- 29 sept 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 3 oct 2022
Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Santiso, Rodeiro, Toques, Touro e Vila de Cruces
IsmaelRS/Xeral
XOVES 29 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 29 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Santiso, Rodeiro, Toques, Touro e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos só con un concello libre de afectados, é o caso de Touro. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Rodeiro e Vila de Cruces. Pola súa parte Agolada, Dozón, Lalín e Silleda sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Santiso e Toques. Pola súa parte Melide e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, den fai varias xornadas.
Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos contan con afectados. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.








Comentarios