top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 28 de abril

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

XOVES 28 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 28 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 27 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 19 casos activos, dous máis que onte. O Pino sitúase con 16 casos activos, tres máis que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 13 casos activos, un máis que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 57 afectados, dous menos que fai 24 horas. Silleda conta con 39 casos activos, cinco máis que onte. Pola súa parte Rodeiro sitúase con 10 casos activos, un máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 59 casos activos, catro máis que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 15 casos activos, un máis que onte. Monterroso sitúase con 11 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Palas de Rei conta con 17 casos activos, un máis que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page