Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 24 de novembro
Contamos nas Comarcas con sete concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Boimorto, Palas de Rei, Santiso, Silleda, Touro e Vila de Cruces
IsmaelRS/Xeral
XOVES 24 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 24 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con sete concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Boimorto, Palas de Rei, Santiso, Silleda, Touro e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con dous concellos libres de casos activos, é o caso de Boimorto e Touro. Pola súa parte Arzúa e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Silleda e Vila de Cruces. Pola súa parte Dozón, Lalín e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Na comarca Terra de Melide, só contamos cun concello libre de casos activos, é o caso de Santiso. Pola súa parte Melide, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Por último, na comarca da Ulloa, só contamos cun concello libre de casos activos, é o caso de Palas de Rei. Pola súa parte Antas de Ulla e Monterroso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.









Comentarios