Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 16 de xuño
Actualizado: 17 jun 2022
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
XOVES 16 XUÑO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 19 afectados, os mesmos que fai 24 horas. O Pino sitúase con 10 afectados, un menos que onte. Pola súa parte Touro conta con 13 afectados, tres máis que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 11 afectados, un máis que onte. Lalín conta con 38 afectados, cinco máis que fai 24 horas. Silleda conta con 21 afectados, tres menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 12 afectados, catro menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 24 afectados, os mesmos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla conta con 12 afectados, un máis que onte. Monterroso sitúase con 11 afectados, tres máis que fai 24 horas. Pola súa parte Palas de Rei sitúanse con 12 casos activos, catro máis que onte.









Comentarios