top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 11 de agosto

Contamos nas Comarcas con dous concellos libres de afectados, é o caso de Dozón e Palas de Rei


IsmaelRS/Xeral

XOVES 11 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 11 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con dous concellos libres de afectados, é o caso de Dozón e Palas de Rei.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Na comarca dezá só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Dozón. Pola súa parte Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Na comarca Terra de Melide todos os concellos teñen afectados. Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Palas de Rei. Pola súa parte Antas de Ulla e Monterroso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page