Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 26 de agosto
- IsmaelRS

- 26 ago 2022
- 2 Min. de lectura
Contamos nas Comarcas con nove concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces
IsmaelRS/Xeral
VENRES 26 AGOSTO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 26 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con nove concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, só contamos cun único concello libre de afectados, é o caso de O Pino. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Na comarca dezá, contamos con tres concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Rodeiro e Vila de Cruces. Pola súa parte Dozón, Lalín e Silleda sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libres de afectados, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.
Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.








Comentarios