top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 16 de setembro

Contamos nas Comarcas con nove concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Silleda, Rodeiro, Toques, Touro e Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

VENRES 16 SETEMBRO

ree

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con nove concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Silleda, Rodeiro, Toques, Touro e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con tres concellos libres de afectados, é o caso de Arzúa, Boimorto e Touro. Pola súa parte O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá, contamos con catro concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada e Lalín sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Na comarca Terra de Melide, contamos con un só concello libre de afectados, é o caso de Toques. Pola súa parte Melide e Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Por último, na comarca da Ulloa, contamos con un só concello libre de afectados, é o caso de Antas de Ulla. Pola súa parte Monterroso e Palas de Rei sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

ree
Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page