top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 29 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 29 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 29 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 130 casos activos, sete menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 40 casos activos, dous máis que fai 24 horas. O Pino ten 128 casos, dous máis que onte. Pola súa parte Touro ten 68 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 16 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 30 afectados, dous menos que fai 24 horas. Lalín conta con 541 afectados, 28 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 47 casos activos, tres máis que fai 24 horas. Silleda conta con 219 casos activos, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 113 casos activos, cinco máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 168 casos activos, catro menos que na xornada de onte. Santiso ten 26 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 40 afectados, dous menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 20 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 25 casos activos, dous máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 70 casos, once menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 65 casos activos, catro menos que na xornada de onte.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page