top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 23 de outubro

Contamos con quince municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón,Lalín, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques. Dende onte súmase a esta lista o municipio de Lalín


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 23 OUTUBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 23 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con quince municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Lalín, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques.


COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio están libres de covid: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.


Na comarca dezá contamos con cinco municipios libres de casos Covid, é o caso de Agolada, Dozón, Lalín, Silleda e Rodeiro. Pola súa parte Vila de Cruces está nunha escala entre 1-9 afectados dende fai varias xornadas.


Na comarca Terra de Melide contamos con tres municipios libres de casos: Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra o municipio de Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page