Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 13 de novembro
- IsmaelRS

- 13 nov 2021
- 2 Min. de lectura
Contamos con once municipios libres de covid: Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Monterroso, Palas de Rei, Rodeiro, Silleda, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces. Dende hoxe baixan desta lista os municipios de Arzúa e Santiso
IsmaelRS/Xeral
SÁBADO 13 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 13 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con once municipios libres de covid: Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Monterroso, Palas de Rei, Rodeiro, Silleda, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, son dous os municipio que están libres de covid: Boimorto e Touro. Arzúa volve dende hoxe a contar con casos activos de covid, e pasa a situarse entre 1 e 9 afectados. Pola súa parte O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.
Na comarca dezá contamos con catro municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada conta cun caso activo, tal e como informaron o xoves pasado, dende o concello. Pola súa parte Lalín sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.
Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Sobrado dos Monxes e Toques. Santiso volve dende hoxe a contar con casos activos de covid, e pasa a situarse entre 1 e 9 afectados. Pola contra o municipio de Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.
COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.







Comentarios