top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 09 de xullo

10 jul 2022
2 min de lectura

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 09 XULLO (DATOS DE ONTE)

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 09 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 23 afectados, un menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 13 casos activos, cinco máis que onte. O Pino sitúase con 18 afectados, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 10 afectados, un menos que onte.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 18 afectados, dous menos que onte. Lalín conta con 48 afectados, tres menos que fai 24 horas. Silleda conta con 35 afectados, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 25 afectados, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Melide conta con 22 afectados, catro menos que fai 24 horas. Santiso conta con 10 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 10 afectados, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Monterroso conta con 17 afectados, tres menos que onte. Pola súa parte Palas de Rei conta con 11 afectados, os mesmos que fai 24 horas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page