top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 02 de xullo

Actualizado: 4 jul 2022

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 02 XULLO (DATOS DE ONTE SÁBADO)

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 02 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 21 afectados, dous máis que fai 24 horas. O Pino sitúase con 21 afectados, dous máis que onte. Pola súa parte Touro conta con 17 afectados, cinco máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 18 afectados, cinco máis que onte. Lalín conta con 61 afectados, catro máis que onte. Silleda conta con 25 afectados, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 14 afectados, catro máis que onte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 23 afectados, catro máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días. Monterroso conta con 19 afectados, cinco máis que onte. Pola súa parte Palas de Rei conta con 20 afectados, un máis que fai 24 horas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page