Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 9 de novembro
Contamos nas Comarcas con tres concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Santiso e Touro
IsmaelRS/Xeral
MÉRCORES 9 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 9 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con tres concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Santiso e Touro.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de Touro. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de Agolada. Dozón, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 15 casos activos, un máis que onte.
Na comarca Terra de Melide, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de Santiso. Pola súa parte Melide, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos contan con casos activos. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.









Comentarios