top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 29 de xuño

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 29 XUÑO

ree

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 29 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 19 afectados, tres máis que fai 24 horas. O Pino sitúase con 17 afectados, dous máis que onte. Pola súa parte Touro conta con 13 afectados, tres máis que fai 24 horas.


ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 19 afectados, cinco máis que onte. Lalín conta con 50 afectados, cinco máis que onte. Silleda conta con 23 afectados, catro máis que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 12 afectados, un máis que onte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 22 afectados, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla e Monterroso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días. Pola súa parte Palas de Rei conta con 11 afectados, tres máis que onte.

ree
Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page