top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 13 de xullo

13 jul 2022
2 min de lectura

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 13 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 13 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Arzúa conta con 14 afectados, dous menos que fai 24 horas. O Pino sitúase con 18 afectados, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte Touro sitúase con 10 afectados, un máis que onte.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 10 afectados, tres menos que onte. Lalín conta con 47 afectados, catro menos que fai 24 horas. Silleda conta con 23 afectados, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 17 afectados, catro menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Melide conta con 12 afectados, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 10 afectados, un menos que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Monterroso conta con 14 afectados, dous menos que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page