top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 1 de decembro

Contamos con catro municipios libres de covid: Dozón, Monterroso, Sobrado dos Monxes e Toques. Dende hoxe baixa desta lista o municipio de Santiso


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 1 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 1 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con catro municipios libres de covid: Dozón, Monterroso, Sobrado dos Monxes e Toques.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca dezá contamos cun único municipio libre de casos Covid, é o caso de Dozón. Vila de Cruces sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Agolada ten tres positivos, tal e como informou onte pola mañá o concello. Rodeiro conta con 5 positivos, tal e como informa o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con catorce casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 21 afectados, un máis que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Sobrado dos Monxes e Toques. Santiso dende hoxe volve contar con casos, e sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados. Pola súa parte o municipio de Melide segue nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Por último, na comarca da Ulloa contamos cun único municipio libre de covid: Monterroso. Pola súa parte Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page