top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 30 de novembro

Contamos con cinco municipios libres de covid: Dozón, Monterroso, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Dende antonte baixa desta lista o municipio de Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

MARTES 30 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 30 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con cinco municipios libres de covid: Dozón, Monterroso, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio contan con casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca dezá contamos cun único municipio libre de casos Covid, é o caso de Dozón. Vila de Cruces sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende antonte. Agolada ten tres positivos, dous máis que na xornada de onte, tal e como informou esta mañá o concello. Rodeiro conta con 5 positivos, tal e como informa o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con dezasete casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 21 afectados, un máis que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide contamos con tres municipios libres de casos: Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra o municipio de Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Por último, na comarca da Ulloa contamos cun único municipio libre de covid: Monterroso. Pola súa parte Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page