top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 25 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 25 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 25 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 144 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 44 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 132 casos, dez menos que onte. Pola súa parte Touro ten 70 casos activos, cinco menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 17 positivos, un máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 38 afectados, dous máis que fai 24 horas. Lalín conta con 675 afectados, 12 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 32 casos activos, seis menos que fai 24 horas. Silleda conta con 208 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 101 casos activos, tres menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 198 casos activos, trece menos que na xornada de onte. Santiso ten 29 casos activos, os mesmo que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 51 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 27 casos activos, seis menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 22 casos activos, os mesmos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 91 casos, cinco menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 63 casos activos, catro máis que na xornada de onte.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page