top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 18 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MARTES 18 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 18 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 121 casos activos, cinco máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 42 casos activos, un máis que fai 24 horas. O Pino ten 124 casos, seis máis que onte. Pola súa parte Touro ten 57 casos activos, catro máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 25 positivos, oito menos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 27 afectados, un máis que fai 24 horas. Lalín conta con 619 afectados, 16 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 36 casos activos, seis menos que fai 24 horas. Silleda conta con 160 casos activos, nove máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 99 casos activos, tres máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 178 casos activos, tres máis que na xornada de onte. Santiso ten 12 casos activos, un máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 35 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 26 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 22 casos activos, un máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 94 casos, tres máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 43 casos activos, cinco menos que na xornada de onte.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page