Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 15 de febreiro
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
MARTES 15 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 68 casos activos, catro menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 22 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 95 casos, seis menos que onte. Pola súa parte Touro ten 41 casos activos, dous máis que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 13 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 13 afectados, un menos que fai 24 horas. Lalín conta con 375 afectados, tres máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Silleda conta con 165 casos activos, 18 menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 70 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 111 casos activos, un menos que na xornada de onte. Santiso ten 20 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 26 afectados, dous menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 15 casos activos, dous menos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 28 casos activos, catro menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 78 casos, sete menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 32 casos activos, dous menos que na xornada de onte.









Comentarios