top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 09 de agosto

Contamos nas Comarcas con catro concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Rodeiro, Silleda e Sobrado dos Monxes


IsmaelRS/Xeral

MARTES 09 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 09 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con catro concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Rodeiro, Silleda e Sobrado dos Monxes.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Na comarca dezá contamos con tres concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Rodeiro e Silleda. Pola súa parte Agolada, Lalín e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Na comarca Terra de Melide só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Sobrado dos Monxes. Pola súa parte Melide, Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os concellos teñen afectados. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page