top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 21 de xuño

Hai 10 de municipios libres de coronavirus e todos os municipios se atopan no nivel mínimo limitacións.


IsmaelRS/Xeral

LUNS, 21 XUÑO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 21 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son 10 os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Santiso, Antas de Ulla, Boimorto, O Pino e Touro. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e todos atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto, O Pino e Touro está libre de coronavirus. Mentres que Arzúa se atopa nunha taxa entre 1-9 afectados. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.


Na comarca dezana en case todos os concellos este virus tampouco asoma: Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces non teñen ningún caso dende hai días. Só Lalín ten algún contaxio, pero a situación é boa. Segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas, ten entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Na comarca Terra de Melide Santiso é o único que non ten ningún caso, mentres que Melide, Sobrado dos Monxes e Toques teñen entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas. Todos están no nivel máis baixo de limitacións.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e o único que está libre de Covid, mentres que Monterroso e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page