top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 5 de decembro

Contamos cun único municipio libre de covid: Sobrado dos Monxes. Dende hoxe baixa desta lista o municipio de Dozón


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO 5 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 5 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos cun único municipio libre de covid: Sobrado dos Monxes.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca dezá contamos cun único municipio libre de casos Covid, é o caso de Dozón. Vila de Cruces sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Agolada ten cinco positivos, os mesmos que na xornada de onte. Rodeiro conta con cinco positivos, tal e como informou fai varios días o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con 13 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 28 afectados, dous máis que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide contamos cun único municipio libre de casos: Sobrado dos Monxes. Santiso e Toques volven contar con casos, e sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte o municipio de Melide segue nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso únese a esta lista dende antonte e pasa a estar nunha escala de 1 a 9 casos. Pola súa parte Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page