top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns

Actualizado: 2 feb 2021

Laura Moure

LUNS 1 FEBREIRO


Fonte: Ecos da Comarca


Comeza a semana contabilizándose novos casos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, luns 1, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento.


Na comarca arzuana, Arzúa rexistra 52, un menos ca onte, e O Pino, 43, tres menos. Touro manténse con 19 e Boimorto continúa cunha taxa de entre 1 e 9.


Na comarca dezana, Agolada tiña o venres 36 casos e hoxe, segundo o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, son 37. Neste municipio hoxe levouse a cabo tarefas de desinfección en instalacións públicas como no colexio, na biblioteca e na escola de música. Rodeiro e Dozón seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados, e teñen cinco e un, respectivamente. Lalín rexistra hoxe 77, dous máis que fai 24 horas e en Vila de Cruces contabilízanse 66, un máis ca onte. De feito, este último Concello solicitou o pasado xoves un cribado masivo en todo o municipio ante o incremento de casos nos últimos días. Silleda tiña este domingo 118 e hoxe son 117, segundo o Sergas.

Na comarca Terra de Melide, a localidade melidense pasa de 67 a 68 casos e un día máis Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques continúan entre 1 e 9, xa que non transcenderon as cifras concretas.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén segue entre 1 e 9 casos; Monterroso continúa con 18 e Palas de Rei descendeu en dous e rexistra 72 casos.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page