top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 8 de abril

Baixa de 12 a 11 os concellos que non rexistran novos contaxios nos últimos sete días porque Vila de Cruces volve ter algún caso


Laura Moure

XOVES 8 ABRIL

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 8 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Descende de 12 a 11 os municipios que non rexistran novos casos nas últimas sete xornadas: Agolada, Dozón, Rodeiro, Silleda, Santiso, Sobrado dos Monxes, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Touro e O Pino, porque Vila de Cruces volve ter algún contaxio. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín que ten 12 casos activos.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, un día máis O Pino e Touro non rexistran novos casos nos últimos sete días, pero hai que recalcar que ambos concellos teñen entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días. Mentres que Arzúa e Boimorto están nunha escala de entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que está no medio. Cabe mencionar que en Boimorto o Sergas levará a cabo un cribado entre a poboación de 31 a 65 anos.

Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro, Agolada e Silleda non teñen ningún novo afectado e Lalín mantense con12 casos activos. Mentres, Vila de Cruces hoxe volve estar nun rango entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.

Na comarca Terra de Melide Santiso e Sobrado dos Monxes continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días, mentres que Toques e Melide teñen entre 1 e 9 contaxios. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.

Por último, na comarca da Ulloa Palas de Rei, Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello.

  • No nivel máximo continúa o concello de Beade. A hostalaría está pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes.

  • No nivel alto están Abegondo, Baiona, Cortegada, O Irixo, Ortigueira, Padrenda, Pazos de Borbén, A Pobra do Brollón, Rábade, Sanxenxo e O Saviñao. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.

  • No nivel medio: Vilardevós, Celanova, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Cangas, Moaña, Gondomar, Meis, Bergondo, Boimorto, Carral, A Coruña, Laracha, Arteixo, Betanzos e Camariñas. O peche dos locais hostaleiros é ás nove da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%.

  • E por último, no nivel baixo figurarán o resto dos municipios galegos. O horario de restaurantes, bares e cafeterías é ata ás 21:00 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

Cambios nas limitacións

Pero o comité clínico volveu reunirse este martes, e estableceu algúns cambios na listaxe de municipios afectados polos distintos niveis de limitacións. Así acordou:

  • Quedarán no nivel máximo de restricións A Pobra do Caramiñal e O Grove.

  • Ademais, a asamblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de limitacións en seis municipios galegos: A Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.

  • Así mesmo, quedarán no nivel medio os concellos de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona.

  • E no resto de municipios estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Ademais, a Consellería de Sanidade permitirá as reunións de non conviventes nos domicilios e limitaranse a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores. E tamén se poderá viaxar en coche con persoas non conviventes.


Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas deste venres, 9 de abril.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page