Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 23 de decembro
- IsmaelRS
- 23 dic 2021
- 2 Min. de lectura
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
XOVES 23 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 23 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto e Touro sitúanse con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 11 casos, un máis que onte. Arzúa ten 19 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten catro positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 32 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 11 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte Lalín sitúase con 90 afectados, sete máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 22 casos activos, seis máis que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Pola súa parte o municipio de Melide, sitúase con 23 casos activos, tres máis que na xornada de onte.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Mentres que o municipio de Monterroso ten 15 casos, os mesmos que fai 24 horas e Palas de Rei con 16 casos activos, dous máis que na xornada de onte.

ÚLTIMAS MEDIDAS DE LOITA CONTRA O CORONAVIRUS:
Comments