Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

  • IsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 20 de maio

Hai sete municipios libres de coronavirus, un máis que fai 24 horas e sobre todo a situación é preocupante en Lalín, que supera os 20 casos activos


IsmaelRS / Xeral / ACTUALIZACIÓN 22:30 HORAS

XOVES, 20 MAIO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 20 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son sete os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Palas de Rei, O Pino, Boimorto e Vila de Cruces. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín que superan este valor.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, os municipios de O Pino e Boimorto non rexistran casos, mentres que Arzúa e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.

Na comarca dezana, e Vila de Cruces están libres de coronavirus desde hai días. Os muncipios de Agolada, Rodeiro e Dozón sitúanse cunha taxa de entre 1-9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Silleda sitúase con 12 casos activos. Mentres a situación peor dáse na capital dezá aínda que os afectados están a sufrir un lixeiro descenso. Hoxe xoves, os casos activos en Lalín son 18, tres menos que fai 24 horas, tal e como informou o alcalde do municipio, José Crespo. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións, agás Lalín e Silleda que están no nivel medio.


Na comarca Terra de Melide Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide e Santiso, sitúase nunha taxa entre 1-9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, agás Melide e Santiso que está no nivel medio.

Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Palas de Rei atópanse libres de Covid, mentres que Monterroso sitúase nunha escala de entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

Cabe menc