top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 18 de marzo

Baixan a seis os concellos que non rexistran novos casos, xa que despois de semanas Agolada volve ter algún afectado


Laura Moure

XOVES 18 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, mércores 18 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son seis, un menos ca onte, os municipios que non rexistran novos casos: Dozón, Rodeiro, Santiso, Arzúa, O Pino e Toques, porque hoxe despois de semanas Agolada volve ter algún caso. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Silleda.

Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Boimorto e Touro un día máis seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Sen embargo, Arzúa e O Pino non contabilizan ningún novo caso. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que está no medio.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado desde fai semanas; Lalín segue con 13 activos, tal e como indicou despois do mediodía o alcalde, José Crespo, e Silleda baixa de 39 a 38. Cabe lembrar que gran parte dos contaxios neste municipio están na residencia de maiores onde se detectou un gromo a semana pasada. E Vila de Cruces segue cunha taxa de entre 1 e 9 o igual que Agolada, que hoxe tamén volve estar neste rango despois de semanas sen rexistrar casos. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Na comarca Terra de Melide, Sobrado dos Monxes e Melide seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados. Mentres que Santiso e Toques seguen sen contabilizar novos casos nos últimos sete días. Aquí todos os concellos están no nivel baixo de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.

Por último, na comarca da Ulloa, os tres municipios Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei seguen tendo entre 1 e 9 contaxiados. Todos están no nivel mínimo de limitacións.


Cabe recordar que onte o goberno galego estableceu catro novos niveis de limitacións que entrarán en vigor mañá, venres:

  1. No nivel máximo: Seguirá a hostalaría pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes. Están neste nivel Vilardevós, Paradela e Maside.

  2. No nivel alto, que teñen entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes, figuran Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo. A hostalaría poderá abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.

  3. No nivel medio tamén o peche dos locais hostaleiros será ás nove da noite. Permitirase o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Nesta listaxe figuran 14 municipios: Laxe, Ponteceso, Culleredo, A Coruña, Bergondo, Mugardos, Valdomiño, Guitiriz, Boimorto, Chantada, Pantón, Sober, Coles e Soutomaior.

  4. No nivel baixo: tamén se amplía o horario de restaurantes, bares e cafeterías ata ás 21 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

A mobilidade permítese entre todos os concellos, agás nos tres que están no nivel máximo, con incidencia maior a 500 casos por cada 100.000 habitantes



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page