top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 11 de febreiro

Hoxe arranca o cribado de Arzúa e continúa o de Lalín


Laura Moure

XOVES 11 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Continúa habendo casos de coronavirus nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, xoves 11, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. O número, en xeral, está baixando con respecto ás anteriores semanas, pero é necesario seguir tomando todas as precaucións.


Na comarca arzuana, segue habendo un descenso ou as cifras mantéñense se as comparamos con onte. Arzúa rexistra unha baixa importante, porque segundo o Sergas, pasa de 68 a 56; O Pino de 29 a 25, Touro manténse cunha docena e Boimorto segue cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Cabe recordar que hoxe terá lugar un cribado en Arzúa, que finalizará mañá. Será no centro de saúde e está dirixido ás persoas con idades comprendidas entre os 30 e os 49 anos, que serán emprazadas mediante unha mensaxe ao móbil na que se indicará o día e a hora no que deberán acudir para a realización da citada proba. O Sergas ten previsto contactar con 960 veciños.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro seguen cunha taxa de entre 1 e 9 e despois hai un descenso xeneralizado: Lalín pasa de 87 a 83; Silleda de 72 a 64, segundo como informou pola tarde o Concello; Vila de Cruces de 48 a 45 e en Agolada, onte os casos eran 12, e hoxe, ás 14:00 horas, o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, indicou que son 11 os actuais. En Vila de Cruces finalizou onte o cribado. Das 960 persoas citadas asistiron 562 e detectouse un só positivo. Na capital dezana o cribado continúa hoxe. Onte tamén se deu un positivo entre os 650 veciños que foron facer a proba, a pesar de que na primeira xornada foron convocados 860.


Na comarca Terra de Melide, na localidade melidense son oito menos os afectados con respecto a hai 24 horas e rexistra 36 e Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcenderon as cifras concretas.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén continúa entre 1 e 9 casos, Monterroso aumenta nun caso e queda con 17 e en Palas de Rei os afectados baixaron en tres tendo así 34.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page