Contamos nas Comarcas con trece concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Melide, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Toques e Touro
IsmaelRS/Xeral
XOVES 1 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 1 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con trece concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto,Dozón, Melide, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrados dos Monxes, Toques e Touro.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con tres concellos libres de casos activos, é o caso de Arzúa, Boimorto e Touro. Pola súa parte O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, contamos con catro concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Dozón, Rodeiro e Silleda. Vila de Cruces sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 13 casos activos, dous menos que onte.
LIBRE DE COVID. Na comarca Terra de Melide, todos os concellos están libres de de casos activos, é o caso de Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques.
Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de casos activos, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Comments