top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves

Laura Moure

XOVES 4 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos con casos de coronavirus nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, xoves 4, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento.


Na comarca arzuana, Boimorto deixa de estar nunha taxa de entre 1 e 9, despois de semanas, e rexistra 11 casos. E no resto de municipios tamén ascenderon con respecto a onte: O Pino pasou de 42 a 43 e Touro de 16 a 17. Sen embargo, a subida foi máis pronunciada en Arzúa e rexistra 63, dez máis ca onte. De feito, o Concello de Arzúa solicitou un cribado.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro seguen cunha taxa de entre 1 e 9. No caso de Camba son cinco, un menos ca onte tras haber unha alta. En Lalín ascenderon os afectados en catro e rexistra 87 e Vila de Cruces suma catro e contabiliza 67. O dato máis positivo é o descenso nunha decena en Silleda, que ten un centenar de afectados. E Agolada manténse en 34.


Na comarca Terra de Melide, a localidade melidense manténse con 73 casos e un día máis Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcenderon as cifras concretas.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén continúa entre 1 e 9 casos, Monterroso manténse con 16 e en Palas de Rei os casos baixaron en catro tendo así 57.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page