top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, deste venres 26 de febreiro

Actualizado: 27 feb 2021

O número segue sendo baixo na maioría de municipios e hoxe entraron en vigor as novas medidas interpostas pola Xunta segundo o nivel de cada concello


Laura Moure

VENRES 26 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, venres 26, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón, Antas de Ulla, Santiso e Monterroso, segundo o Sergas, non rexistran novos afectados. Ademais, gran parte dos concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Pero é necesario seguir sendo prudentes e tomar todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus.

Na comarca arzuana, Arzúa descende de 22 a 21 con respecto a hai 24 horas e O Pino, Touro e Boimorto seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados. Cabe lembrar que Arzúa queda hoxe no segundo nivel de restrincións e o resto, no terceiro.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados novos, tal e como indica o Sergas. Sen embargo, o grupo da oposición rodeirense Unidade por Rodeiro informaba onte de que o mércores deron positivo dos alumnos do CPI de Rodeiro. Lalín baixa de 20 a 18 e o Concello de Silleda ten 21 casos activos, tal e como informou o Concello hoxe despois do mediodía, menos que as xornadas pasadas. E Vila de Cruces e Agolada seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Concretamente, no municipio agoladés hoxe son tres os casos activos, segundo como informou ao mediodía o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, polo que hai un descenso con respecto a días anteriores. Todos estes concellos están no nivel tres.


Na comarca Terra de Melide, unha xornada máis tres municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados: a localidade melidense, Sobrado dos Monxes e Toques. Mentres que en Santiso, hoxe segundo o Sergas, tampouco se detectou ningún novo caso. De aquí Toques figura no primeiro nivel, Sobrado, no segundo, e o resto no mínimo. O mércores celebrourse un cribado en Toques no que estaban convocadas 480 persoas. Participou o 74% das persoas e deron todas negativo.

Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza un día máis cero casos novos e Monterroso cero afectados novos mentres que Palas de Rei segue cunha escala de entre 1 e 9 casos. Todos están no nivel mínimo, é dicir, no terceiro.

Fonte:Ecos da Comarca

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page