top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 14 de outubro

Contamos nas Comarcas con tres concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Rodeiro e Toques


IsmaelRS/Xeral

VENRES 14 OUTUBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con tres concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Rodeiro e Toques.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con casos activos. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Dozón e Rodeiro. Pola súa parte Agolada, Lalín, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Na comarca Terra de Melide, só contamos cun único concello libre de casos, é o caso de Toques. Melide, Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos contan con casos activos. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page