top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 6 de marzo

As cifras seguen sendo baixas aínda que hai un lixeiro ascenso en algúns municipios


Laura Moure

SÁBADO 6 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, sábado 6 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento, e ademais, hoxe experimentouse un lixeiro aumento en certos municipios. As cifras son moi esperanzadoras xa que O Pino, Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Toques, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei non rexistran novos afectados nos últimos sete días e os demais, a maioría deles, sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días tal e como informa o Sergas Arzúa segue hoxe tamén cunha taxa de entre 1 e 9 afectados, mentres que O Pino non rexistra novos casos. Pero con respecto a onte Boimorto e Touro pasan de ter cero casos novos a estar cunha taxa de entre 1 e 9. Todos están no nivel mínimo de restrincións.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado; Lalín pasa de 14 a 15 activos e Silleda segue con 14, xa que non trascendeu a cifra exacta de hoxe mentres que Vila de Cruces continúa cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel de restrinción media, no mínimo.


Na comarca Terra de Melide, dous municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia das últimas sete xornadas. Son Melide e Sobrado dos Monxes. Mentres que en Santiso e Toques segue sen rexistrarse ningún novo caso. Aquí todos os concellos están no nivel medio de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.

Por último, as novas tamén son boas na comarca da Ulloa. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei non contabilizaron novos afectados nos sete últimos días. Todos están no nivel mínimo de limitacións.


Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page