top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste sábado, 3 de decembro

Contamos nas Comarcas con catorce concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Toques e Touro


IsmaelRS/Xeral

SÁBADO 3 DECEMBRO (DATOS DE ONTE)

Terminamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 3 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con catorce concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto,Dozón, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrados dos Monxes, Toques e Touro.


LIBRE DE COVID. Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos están libres de de casos activos, é o caso de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá, contamos con catro concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Dozón, Rodeiro e Silleda. Vila de Cruces sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 10 casos activos, un menos que onte.


Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


LIBRE DE COVID. Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos están libres de de casos activos, é o caso de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page