top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 9 de marzo

Sete concellos non rexistran novos afectados, pero hai uns días eran 11, polo tanto, hai que seguir tomando todas as medidas para evitar que aumenten


Laura Moure

MARTES 9 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, martes 9 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son sete os municipios que non rexistran novos casos: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Toques, Antas de Ulla e Palas de Rei, xa que O Pino hoxe xa rexistra algún, e os demais municipios, a maioría deles, sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días tal e como informa o Sergas, Arzúa, Boimorto e Touro seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados e hoxe tamén se suma a esta escala O Pino despois de levar días sen contabilizar novos afectados. Todos están no nivel mínimo de restrincións.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Agolada, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado; Lalín mantense con 15 activos e o Concello de Silleda informou pola tarde que neste municipio hai dez, dous menos que hai 24 horas mentres que Vila de Cruces continúa cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel de restrinción media, é dicir no mínimo.

Na comarca Terra de Melide, dous municipios seguen un día máis cunha taxa de entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia das últimas sete xornadas. Son Melide e Sobrado dos Monxes. Mentres que en Santiso e Toques continúa sen rexistrarse ningún novo caso. Aquí todos os concellos están no nivel medio de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.

Por último, na comarca da Ulloa en Antas de Ulla e Palas de Rei non se contabilizaron novos afectados nos sete últimos días. Sen embargo, Monterroso xa desde onte sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 cando levaba días que non tiña ningún novo caso. Todos están no nivel mínimo de limitacións.


Debemos ser prudentes e tomar todas as precaucións para evitar que os casos volvan ascender.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page