top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 24 de marzo

Son oito, un máis ca onte, os municipios que non rexistran novos casos e Silleda supera os 50 contaxios na residencia de maiores da que xa faleceron dous usuarios nos últimos días


Laura Moure

MÉRCORES 24 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Un días máis informamos dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, mércores 24 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son oito, un máis ca onte, os municipios que non rexistran novos casos: Dozón, Rodeiro, Santiso, Toques, Melide, Palas de Rei, Sobrado dos Monxes e hoxe súmase Antas de Ulla. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Silleda, que supera os 50 casos activos.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Boimorto, Touro, O Pino e Arzúa seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que está no medio.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado desde fai semanas; Lalín ten oito casos activos, e Silleda 51, xa que de momento non trascendeu a cifra exacta de hoxe de ambos municipios. En principio todos os contaxios do municipio silledense están na residencia de maiores onde se detectou un gromo e faleceron dous usuarios nestes catro últimos días. Por último, Agolada e Vila de Cruces sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.

Na comarca Terra de Melide,os catro municipios Santiso, Toques, Melide e Sobrado continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días. Aquí todos os concellos están no nivel baixo agás Sobrado que neste momento está no alto, pero ás 00:00 horas deste venres 26 estará tamén no mínimo o igual que o resto de municipios desta comarca.


Por último, na comarca da Ulloa, Monterroso segue tendo entre 1 e 9 contaxiados. Pola contra, Palas de Rei non contabiliza ningún novo afectado unha xornada máis e hoxe tamén se suma a esta listaxe Antas de Ulla. Todos están no nivel mínimo de limitacións.


Cabe mencionar que onte o comité clínico se reuníu e variou as restrincións nos distintos concellos, limitacións que entrarán en vigor ás 00:00 do venres 26 de marzo.


Os concellos de Beade e Maside terán que cumprir o nivel máximo de restricións. A hostalaría estará pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes.


Ademais, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en sete concellos galegos, concretamente en Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona. A hostalaría poderá abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.


Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Boimorto, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe, Valdoviño, Coles, Soutomaior, Cangas, Sober e Pantón. O peche dos locais hostaleiros será ás nove da noite. Permitirase o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%.


Nos resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Tamén se amplía o horario de restaurantes, bares e cafeterías ata ás 21 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.


A mobilidade permítese entre todos os concellos, agás nos tres que están no nivel máximo, con incidencia maior a 500 casos por cada 100.000 habitantes.

Fonte: Ecos da Comarca



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page