top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 12 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 12 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 68 casos activos, catro menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 25 casos activos, un menos que fai 24 horas. O Pino ten 77 casos, tres máis que onte. Pola súa parte Touro ten 37 casos activos, catro menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 24 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 15 afectados, un máis que fai 24 horas. Lalín conta con 394 afectados, 30 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 44 casos activos, os mesmos que fai 24 horas, tal como informa o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con 75 casos activos, cinco máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 75 casos activos, cinco menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 124 casos activos, sete máis que na xornada de onte. Santiso ten 13 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 24 casos activos, dous máis que na xornada de onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 12 casos activos, os mesmos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 64 casos, cinco máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 38 casos activos, catro menos que na xornada de onte.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page