top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 21 de novembro

Actualizado: 22 nov 2022

Contamos nas Comarcas con oito concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Dozón, Monterroso, Santiso, Silleda, Touro e Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

LUNS 21 NOVEMBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 21 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con oito concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Dozón, Monterroso, Santiso, Silleda, Touro e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, só contamos cun concello libre de casos activos, é o caso de Touro. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Na comarca dezá, contamos con catro concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Dozón, Silleda e Vila de Cruces. Rodeiro sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 10 casos activos, os mesmos que fai dous días.


Na comarca Terra de Melide, só contamos cun concello libre de casos activos, é o caso de Santiso. Pola súa parte Melide, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de casos activos, é o caso de Antas de Ulla e Monterroso. Pola súa parte Palas de Rei sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page