Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 4 de abril

Baixan a 11 os municipios que non rexistran novos contaxios nas últimas sete xornadas


Laura Moure

DOMINGO 4 ABRIL

Fonte: Ecos da Comarca


Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 4 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Baixan a 11 os municipios que non rexistran novos casos nas últimas sete xornadas: Agolada, Dozón, Rodeiro, Silleda, Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei e Touro. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Touro non rexistra novos casos nos últimos sete días. Mentres que dentro desta incidencia Arzúa e Boimorto volven estar nunha escala de entre 1 e 9 contaxios, o igual que O Pino que xa levas días neste rango. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que está no medio.

Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro, Agolada e Silleda non teñen ningún novo afectado e Lalín ten 13 casos activos. Por último, Vila de Cruces sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 contaxios. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.

Na comarca Terra de Melide Santiso, Melide e Sobrado dos Monxes continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días, mentres que Toques ten entre 1 e 9 contaxios. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.


Por último, na comarca da Ulloa Palas de Rei, Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis. Todos están no nivel mínimo de limitacións.


Limitacións

O comité clínico volveu reunirse este martes e modificou o nivel de limitacións dalgúns municipios que entraron en vigor este venres.

  • No nivel máximo continúa o concello de Beade. A hostalaría está pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes.

  • No nivel alto están Abegondo, Baiona, Cortegada, O Irixo, Ortigueira, Padrenda, Pazos de Borbén, A Pobra do Brollón, Rábade, Sanxenxo e O Saviñao. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.

  • No nivel medio: Vilardevós, Celanavona, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Cangas, Moaña, Gondomar, Meis, Bergondo, Boimorto, Carral, A Coruña, Laracha, Arteixo, Betanzos e Camariñas. O peche dos locais hostaleiros é ás nove da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%.

  • E por último, no nivel baixo figurarán o resto dos municipios galegos. O horario de restaurantes, bares e cafeterías é ata ás 21:00 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

A prohibición de mobilidade está restrinxida de novo só en Beade e despois quedarán as mesmas limitacións segundo cada nivel, como ata o de agora.


144 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE