top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, deste domingo 14 de febreiro

Rodeiro, Dozón e Antas de Ulla rexistran cero casos


Laura Moure

DOMINGO 14 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Continúa habendo casos de coronavirus, pero hai unha baixa xeneralizada nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, domingo 14, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Cabe recalcar que en Rodeiro, Dozón e Antas de Ulla non hai ningún caso. En xeral, o número está baixando con respecto ás semanas anteriores, pero é necesario seguir tomando todas as precaucións.


Na comarca arzuana hai un descenso ou as cifras mantéñense: Arzúa pasa de 54 a 51; O Pino de 16 a 12 e Touro e Boimorto continúan cunha taxa de entre 1 e 9 afectados.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro rexistran cero afectados. Lalín pasa de 74 a 72; Silleda de 48 a 42, segundo como informa o Sergas, e Vila de Cruces e Agolada mantéñense con 31 e 8 respectivamente.


Na comarca Terra de Melide, na localidade melidense son catro menos os afectados con respecto a hai 24 horas e rexistra 23 e Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcenderon as cifras concretas.

Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza cero casos, Monterroso descende en tres e queda cun rango entre 1 e 9 e en Palas de Rei mantéñense os 15 afectados con respecto á xornada anterior.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page